Monday 29 de April de 2024

O Concello de Ordes celebrará o VIII Cross Ambiental e a IV Andaina Memorial Estevo Xosé o próximo 18 de decembro


O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro xoves día 15

O vindeiro domingo 18 de decembro terán lugar en Ordes o VIII Cross Ambiental e a IV Andaina Concello de Ordes Memorial Estevo Xosé. Aquelas persoas que queiran participar teñen ata o próximo 15 de decembro para inscribirse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com. Tamén dispoñen do teléfono 660694586 e do correo electrónico atletismoordes@hotmail.com para solicitar máis información.

Tanto a proba principal como a andaina darán comezo ás 16.30 horas no Campo da Feira, tendo ambas unha distancia de 5 quilómetros. Ás 17.10 horas arrancará a competición para atletas con idades entre os 8 e os 13 anos, cun percorrido dun quilómetro. A saída para os prebenxamíns será ás 17.20 horas, cun circuíto de 500 metros, mentres que a carreira dos biberóns será de 150 metros e empezará ás 17.30 horas.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás os biberóns. Tamén se entregarán trofeos aos tres primeiros ateletas do concello dentro da proba absoluta, para os tres primeiros clubes, para o colexio con máis número de participantes, así como agasallos sorpresa, froita, bebida, chocolate quente, rosca e churros ao remate da proba.

Aquelas persoas que queiran participar teñen ata o próximo 15 de decembro para inscribirse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com. Tamén dispoñen do teléfono 660694586 e do correo electrónico atletismoordes@hotmail.com para solicitar máis información.

O VII Cross Ambiental e a III Andaina Concello de Ordes Memorial Estevo Xosé están organizados polo Club de Atletismo Ordes e o Concello de Ordes, contando co patrocinio e a colaboración de María Fraga, Eurofrut, Panadería Gende, hamburguesería A Bolera, confitería Nogallás, Susana Morlán, Bar Correos e a Deputación da Coruña.